lunes, 4 de diciembre de 2023

Viaxamos a Paraguay con Martín Prieto de 4ºB e o seu pai.

 O venres 1 de decembro, seguindo coa colaboración das familias para o proxecto Sadabona, visitounos o pai de Martín para falarnos de Paraguay.

Contounos moitas cousas bonitas e outras un pouco máis tristes como que houbo dúas guerras moi sangrientas entre os séculos XIX e XX que casi acaban coa poboación do país. Imaxinades iso! 

En Paraguay o idioma guaraní é cooficial co español e fálano o 90% da poboación. Foi a primeira lingua indíxena en alcanzar o estatus de idioma oficial.

Tamén nos explicou que Paraguay é a maior producora de enerxía do planeta e so consume o 16% da enerxía que produce, o resto é exportado.

Destacan as Cataratas de Iguazú ( unha das Sete Maravillas Naturales do Mundo) e o acuífero de Guaraní, que é unha das maiores reservas de auga doce do planeta.

Pincha na foto e e viaxarás por un momento.


Puidemos disfrutar das danzas típicas do país e da súa gastronomía. En fin, unha viaxe fascinante por un país que ten moito que ensinar ao mundo. 

Clica na imaxe e podes ver as fotos da visita.


                         Grazas Daniel por compartir con nós tantas experiencias!






No hay comentarios:

Publicar un comentario