martes, 11 de marzo de 2025
jueves, 27 de febrero de 2025
OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN
As clases de 4º tivemos un obradoiro de encadernación da man de Jenny, a nai da nosa compañeira Zaira.
Contounos como se empezaron a encadernar os libros e fixo un percorrido polas diferentes etapas da Historia para coñecer a súa evolución.
Tamén nos ensinou diversos tipos e maneiras de encadernar.
Foi unha actividade moi interesante que nos encantou!
Moitísimas grazas a Jenny pola súa visita e por ensinarnos tantas cousas!
Pinchade na imaxe para ver as fotos
martes, 25 de febrero de 2025
viernes, 21 de febrero de 2025
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras que nos preparou Lecturitas xa están rumbo ás nosas casas para compartir historias coas nosas familias.
jueves, 30 de enero de 2025
miércoles, 22 de enero de 2025
jueves, 12 de diciembre de 2024
QUEN É QUEN?
Xa rematamos as nosas investigacións sobre OS PITUFOS E SÚPER LÓPEZ e xa está listo o panel de QUEN É QUEN? con todos os personaxes do cómic para que podamos xogar e seguir aprendendo.
Continuaremos traballando no Proxecto do cole Viñetas dende Sada e xa vos contaremos moitas máis cousas...
martes, 22 de octubre de 2024
PITUFOS E SUPERLÓPEZ
Hoxe Lecturitas propúxonos unha nova misión para este curso, despois de viaxar todo o verán pola nosa contorna e chegar á cidade da Coruña:
Investigar sobre uns personaxes moi especiais que foi atopando.
En 4º A tocáronnos OS PITUFOS e en 4º B, SUPERLÓPEZ.
Deste xeito iniciamos o proxecto no que traballaremos este curso.
Estades preparados?



.jpg)

.png)










.png)