martes, 18 de abril de 2023

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 Hoxe o alumnado de 3º e 4º participamos nun obradoiro de pintado de bolsas de tea dentro do proxecto da Fundación PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS, un proxecto pola sostibilidade que xunta cultura e coidado do medio ambiente. 

Utilizamos bolsas recicladas e material reutilizable para  realizar os nosos deseños. 

Foi unha sesión chea de creatividade que nos encantou. 

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe e tamén na web do cole.


 

 

 



MOITOS PARABÉNS, YAGO!



                        FELIZ ANIVERSARIO

lunes, 17 de abril de 2023

SOY UN ARTISTA

Varios alumnos e alumnas de 6º de EP están preparando contacontos e teatro con nenos e nenas de diferentes cursos.

Hoxe acudimos á biblioteca para ver o primeiro conto, Soy un artista,  no que participaron algúns  compañeiros e compañeiras da nosa clase guiados por Vera.

Moitos parabéns!

Pinchade na imaxe para ver as fotos 

 

viernes, 14 de abril de 2023

ACTIVIDADE EN LIÑA CO CGAC

 Hoxe tivemos unha actividade en liña co Centro Galego de Arte Contemporánea, na que puidemos disfrutar dunha presentación guiada e comentada de  múltiples obras, espazos e montaxes. Diferentes miradas e diferentes xeitos de facer arte co obxectivo de estimular o noso interese pola creación artística. 

Interactuamos coa monitora e expresámonos con diferentes prácticas que nos gustaron moito. Foi unha experiencia, sen dúbida, interesante e enriquecedora.

Pinchade na imaxe para ver fotos da sesión:



PROGRAMA TEI : TI, DE QUE LADO ESTÁS?

Fai uns días que realizamos na clase a actividade do PROGRAMA TEI,  Ti, de que lado estás?, reflexionando sobre o tema do acoso escolar a través dunha curta.

A finalidade é que o alumnado aprenda a importancia de que ante situacións de maltrato debe poñerse no lugar do acosado e debe actuar, non debe ser un simple espectador/a e calar ... 

Adquirimos entre todos varios compromisos e rematamos cunha dinámica grupal escribindo mensaxes positivas ao compañeiro ou compañeira que nos tocou por sorteo.

Hoxe por fin puidemos entregar ditas mensaxes cheas de positividade e compañeirismo.

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe: