viernes, 26 de noviembre de 2021

De mayor quiero ser......feliz

    Todos os xoves no cole dedicarémolos a afondar un pouco nas nosas emocións, para aprender cousas tan importantes como que......a felicidade está dentro de un mesmo. Este xoves non puidemos empezar porque era un día moooi especial e tiñamos que adicarlle atención, pero transladamos a actividade para hoxe, venres.

   Este libro que empezamos a ler hoxe, empeza por un conto moi especial que se titula " El tesoro más preciado", que trata sobre a confianza nun mesmo e como esa confianza nos axuda a ser felices. Tamén descubrimos que non temos que esperar que cambie o exterior para poder ser feliz, que cando estás ben contigo mesmo, podes conseguir os teus soños e acadar as túas metas.

   Aínda temos moito que aprender e a profe díxonos que temos que adquirir ferramentas para conseguilo, nós aínda non sabemos moi ben que significa iso, pero teremos que estar cos cinco sentidos moi atentos e atentas.

Deixamos o conto para que poidades escoitalo e descubrir se tedes ese diamante do que falan os protagonistas.




Despois de varios días de reflexión, os nenos e nenas de 4º encontramos o noso diamante interior cheo de cualidades que nos fan únic@s.




jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N Darlle a volta está nas nosas mans.

Hoxe no cole foi un día especial porque  como todos os anos, celebramos o " Día Internacional Contra a Violencia de Xénero". Durante toda a semana fomos preparando cousiñas para a elaboración dun traballo colaborativo de todos os nenos e nenas do cole, poderedes velo na páxina web e na entrada principal do Centro. Pero ademáis, fixemos tamén algún traballo individual para levar para a casa e algunha actividade xuntos nas aulas. 

Se pinchades no vídeo poderedes ver a nosa pequena colaboración para concienciar da importancia de que as cousas poden cambiar se todos e todas queremos.



Pero para que vexades con máis detalle todo o que traballamos, pinchade na foto e veredes un pouquiño do noso proceso de elaboración.






viernes, 19 de noviembre de 2021

Exposición " Somos mar"

 Recordades o taller de arte que fixemos cos plásticos que recollimos na praia? Pois fixemos unhas obras tan chulas que esta semana formaron parte dunha exposición na biblioteca do noso cole. 

Este curso escolar traballaremos o consumo responsable e nós, os de 4º, queremos aproveitar as nosas creacións para aportar ao proxecto a nosa investigación sobre os perigos dos plásticos. 


Estamos seguros e seguras de que vos gustou moito o vídeo, e por iso invitámosvos a que vexades de forma ampla o resultado da nosa investigación sobre os plásticos. Pensamos que é unha información moi interesante para concienciarnos da importancia dun consumo responsable. Desexamos que vos guste!




viernes, 12 de noviembre de 2021

 Hoxe foi un día moi especial para nós, porque estivemos estudando a acentuación das palabras cos ordenadores na clase. Foi moi divertido ademáis de aprender.

O peor de todo é que se nos pasou o tempo moi rápido. Pero a profe díxonos que imos utilizar os ordenadores na aula moitas máis veces.

Se pinchades no vídeo podedes ver o concentrados e concentradas que estavamos.




viernes, 5 de noviembre de 2021

 Os nenos e nenas de cuarto hoxe estamos emocionad@s porque por fin puidemos baixar á biblioteca do cole e poder pasar un tempiño lendo e curioseando. Estivemos moi concentrados aínda que estabamos nerviosos/as porque por esto da COVID non puidemos utilizar a nosa biblio dende había moito tempo.

Ademáis.......levamos libros en préstamo!


Este curso ademáis a biblioteca está cambiada e temos máis espazo para ler, imaxinar, crear e....deixar voar a nosa imaxinación.




martes, 2 de noviembre de 2021


"SE BUSCAN VALIENTES"


Hoxe, os nenos e nenas de 4º estivemos reflexionando sobre que era o acoso escolar e como podiamos axudar para que esto non sucedera. Para por en marcha o noso cerebro a pensar, fixemos o visionado da curta ( RAP), que podedes ver a continuación.


As nosa conclusión despois de ver a curta é a seguinte:
 Que o rap trasmite unha mensaxe inspiradora que nos fai reflexionar sobre a importancia de poñernos no lugar do outro, porque dese xeito poderemos entender como se sinten os nosos compañeiros e compañeiras e, si fose o caso, ser valentes para contalo e poder frenar que persoas coma nós sufran.



Porque a valentía está dentro do noso corazón.