lunes, 21 de febrero de 2022

CONTACONTOS

 Hoxe, na nosa biblioteca tivemos a sorte de estar cunha contacontos que nos fixo rir, cantar e soñar. Pasámolo moi ben e gustaríanos que se volvese a repetir pronto. 

Clica na foto.





sábado, 19 de febrero de 2022

Merendas saudables

 Durante catro meses a partir da segunda quincena de febreiro, o noso cole vai participar no programa " Snack Lab", contando coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Así, da man de Rosa, tivemos unha interesante charla para reflexionar sobre a importancia dunha alimentación saudable e como vai ser o funcionamto deste programa no cole. 

Antes da visita de Rosa, durante a semana anterior, tivemos que facer un seguimento das merendas que traemos ao colexio todos os días, e démonos conta de que moitas veces non son moi saudables. 

Rosa contounos moitas cousas interesantes, pero o que máis nos gustou, foi a idea de facer recetas saudables e moi ricas.


                                             
                                 


Encantounos a proposta de facer receitas saudables e presentounos unha de tertas de avena que nos gustou moito a todos e tosas, por iso, querémola compartir con vós.


   
A avena é un cereal que o ser humano consume desde hai miles de anos, pola súa alta calidade nutricional, superior ao de outros cereais: é rica en fibras, proteínas, vitaminas e minerais indeispensables para o noso organismo.


Ingredientes para 6 tortas de copos de avena

  • 1/2 taza de avena en copos 
  • 1 ovo
  • 3 claras de ovo
  • 1 chorro de leite 
  • 1 pizca de sal
  • 1 pizca de azucre ou canela
Bo proveito!