martes, 30 de enero de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz cun acto de todo o cole. Realizamos o ritual Sawabona, entregando unhas bolboretas con palabras positivas entre as clases. Quen as entregada dicía " sawabona" ( Eu respéctote, valórote, es importante para min)e quen as recibía respondía " shicoba"( entón, eu existo para tí).

Ademáis durante esta semana participamos nun mural colectivo titulado respéctote, valórote, ti es importante para min, pintando unhas bolboretas nunha das partes do colexio, para reivindicar valores de empatía e solidariedade.

Podes ver as fotos pinchando na imaxe.




martes, 23 de enero de 2024

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Hoxe tivemos no cole un taller de primeiros auxilios cos técnicos de ASGATE              ( Asociación Galega de Técnicas de Emerxencias). 

O alumnado puido facer prácticas e preguntar todas as dúbidas aos técnicos.

Pinchade na imaxe para ver as fotos da aula de 4ºB.


Pinchade na imaxe para ver as fotos da aula de 4ºA.






viernes, 19 de enero de 2024

jueves, 11 de enero de 2024

OBRADOIRO PROXECTO ANCAS

 



Este curso o noso cole porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Movilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!
Por iso, hoxe participamos nun taller de mobilidade sostible e segura no que aprendemos e reflexionamos sobre hábitos de convivencia e solidariedade nas vías públicas.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da sesión.


O alumnado puido resolver dúbidas sobre a seguridade viaria e comentar as súas inquedanzas sobre a mesma. Unha das cousas que máis lles gustou foi unha curta sobre a importancia da solidaridade de todos e todas para que se poida conseguir unha movilidade segura.

Pincha na imaxe para vela.