jueves, 11 de enero de 2024

OBRADOIRO PROXECTO ANCAS

 



Este curso o noso cole porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Movilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!
Por iso, hoxe participamos nun taller de mobilidade sostible e segura no que aprendemos e reflexionamos sobre hábitos de convivencia e solidariedade nas vías públicas.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da sesión.


O alumnado puido resolver dúbidas sobre a seguridade viaria e comentar as súas inquedanzas sobre a mesma. Unha das cousas que máis lles gustou foi unha curta sobre a importancia da solidaridade de todos e todas para que se poida conseguir unha movilidade segura.

Pincha na imaxe para vela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario