domingo, 30 de enero de 2022

Celebramos o día da paz

O 30 de xaneiro celébrase o día da paz, pero como non temos cole, fixemos unha conmemoración especial o venres. Para a súa realización, estivemos traballando toda a semana para un proxecto do cole titulado " Cultivamos a paz", donde fixemos unha árbore entre todos e todas que irá para un recuncho de tranquilidade e paz donde poder resolver os pequenos conflictos que poidamos ter no noso día a día.
Na foto podedes ver o resultado. A que é bonita? 




Ademáis de participar na árbore, nós os de cuarto, recitamos un poema chamado " Ventos de paz", que despois grabamos outra vez na nosa aula para que se poidese escoitar con máis claridade.

Ademáis do poema para a festa do cole, coloreamos tamén os mandalas para crear na clase un pequeno " recuncho da tranquilidade", aínda está en proceso, pero vainos quedar moi bonito. De momento, solo temos os mandalas que podedes ver nas fotos e con que decoramos o poema.


Pincha na foto e poderás ver como traballamos!