viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO E SAMAÍN

 

Hoxe tivemos a festa do Magosto e do Samaín con disfraces, desfile, castañas asadas e moita diversión...

 Pero non só iso, tamén realizamos, xunto cos nosos titores de 6º, un retrato de outono segundo o estilo do pintor italiano Arcimboldo. Un día no que compartimos, convivimos, xogamos e pasámolo xenial. 





 Ademais, perante a semana, realizamos un fantástico mural, decoramos os nosos recipientes para as castañas e trouxemos as nosas  terroríficas cabazas que fixemos en familia.

Pinchade na imaxe para ver todas as fotos:

Finalmente, deixámosvos un vídeo do conto que lemos e interpretamos na biblioteca para todas as clases. Traballamos e esforzámonos moito. Parabéns!





lunes, 24 de octubre de 2022

VISITA DE LUCÍA E MOCHILA VIAXEIRA

 Hoxe visitounos Lucía, a nosa orientadora, para contarnos en que consiste o seu traballo e as diferentes vías de comunicación que podemos utilizar se necesitamos compartir con ela algunha cousa. 

Ensinounos como ao señor Potato e a ela lles saíron  ás e que se queremos tamén nós podemos ter as nosas, como no conto Totalmente Adrián.

Ademais  amosounos como a arte e as emocións están moi relacionadas, como os artistas as expresan nos seus cadros e que para regular os nosos sentimentos podemos empregar as nosas creacións artísticas. Visitade  o blogue Con rumbo para Emoción-Arte na seguinte ligazón:

EMOCIÓN-ARTE

Moitas grazas pola visita, Lucía!


E tamén hoxe comezamos coa actividade da Mochila viaxeira! 

 Está chea de fantásticas lecturas para gozar en familia e leva un caderno que podedes empregar para compartir a vosa experiencia connosco. Estamos desexando xa que nos toque, pero o primeiro vai ser Marco. Que sorte!



miércoles, 19 de octubre de 2022

ESTAMPACIÓN CON PICASSO

 Hoxe foi un día moi especial porque tivemos a sorte de que nos visitase Daniel, o pai de Daniela, para contarnos algunhas cousas moi interesantes sobre Picasso e a súa obra e tamén para realizar un obradoiro de estampación cos nenos e nenas. Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial debuxando, recortando, pegando, estampando, creando ... e, sobre todo,  compartindo e convivindo.

Pinchade na imaxe  para ver algunhas fotos da actividade:

 Moitísimas grazas, Daniel, pola túa colaboración e aportación ao proxecto deste curso! Agardamos que poidas volver e seguir compartindo connosco a túa arte.


viernes, 14 de octubre de 2022

CREARTE E O SOÑO DE MATÍAS

Hoxe puidemos visitar a biblioteca para coñecer o proxecto CREARTE e a misión que nos preparou Lecturitas para este curso a partires do conto O soño de Matías, que non é outra que encher de arte a nosa escola traballando sobre pintura, escultura e arquitectura. Pareceunos xenial e xa estamos desexando comezar para que o noso colexio sexa o mellor museo do mundo.







viernes, 7 de octubre de 2022

BIBLIOCAIXA, LECTURAS E ALGÚN SEGREDO...

 Xa temos na clase a bibliocaixa  que nos aportan desde a biblioteca do cole para que desfrutemos da lectura. 

Son libros e contos que podemos utilizar na Hora de ler e que Lecturitas seleccionou para nós.

 

Entre as diferentes propostas, esta semana Alejandra, Sara, Daniela e Leila, elixiron para lernos dous libros preciosos, Yo voy conmigo e Yo soy,  de Raquel Díez Reguera. A historia dunha nena especial con ás e moitos paxaros na cabeza, e de Martín, un neno moi popular que se fixa nela. 




Déixovos un vídeo no que Rozalen pon voz e corazón a un destes contos.

Tamén queremos lembrarvos que visitedes o blogue Lecturitas, moito conto.


E para rematar aquí tedes unha imaxe que apareceu estes días no cole e que vos chamou a atención. Por que a temos por todas partes?Que representa? Tócavos investigar e descubrir cal é o segredo que esconde...


 


jueves, 6 de octubre de 2022

ACTIVIDADE BOCCIA

 Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Parálise Cerebral realizando unha actividade lúdica e de sensibilización denominada Boccia. Trátase dun xogo deseñado para persoas con discapacidade aceptado como deporte paralímpico desde 1984.

 A actividade contou coa supervisión e participación do membros de ASPACE, cos que compartimos esta xornada tan enriquecedora de xogo e coñecemento. 

Moitísimas grazas!

Premede  na imaxe para ver todas as fotos



E tamén podedes visitar a web do centro na ligazón

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL