martes, 15 de marzo de 2022

XINCANA POLA IGUALDADE

 Hoxe, puidemos disfrutar dunha xincana pola igualdade no noso cole. Foi moi divertido, porque fixemos varios xogos pero tamén aprendimos cousas sobre mulleres importantes da historia e tamén como comportarnos dun xeito máis igualitario e colaborativo.




viernes, 11 de marzo de 2022

Día Internacional da muller. 8 de marzo.

 Esta semana tivemos a conmemoración do día internacional da muller, nós os de cuarto, quixemos facer algo especial para elas. Esperamos que vos guste!


Día Internacional da muller

Cada un dos corazóns do mural está dedicado a unha muller especial na nosa vida. Pero como pensamos que ás veces é importante dicir as cousas ademais de escribilas, fixemos o seguinte vídeo con moito cariño.
 


A fin de semana realizamos unha entrevista a unha muller, sobre as súas inquedanzas, os seus traballos e tamén os seus desexos.
Despois de facer o análisis de todas as entrevistas na clase, fixemos un resumo que representa casi o cen por cen das respostas.

Descubrimos que:
- O que máis valoran de ser mulleres é o feito de poder dar vida a un novo ser.
- Que aínda que moitas teletraballan na casa, que lles gustaría poder facelo fora para que a casa fose o seu lugar de desconexión e tranquilidade.
- Valoran traballar tanto con homes coma con mulleres porque sempre que haxe respecto, poden aprender uns dos outros e avanzar e mellorar conxuntamente.
- Destacan que aínda que se avanzou moito na igualdade, aínda hai profesións nas que está máis valorado o sexo masculino.
- Finalmente, destacar que tamén casi o cen por cen das entrevistadas, piden como desexos: máis tempo para poder disfrutar da familia, viaxar ou algo tan sinxelo como durmir. 

Nós os de cuarto enviámoslles unha aperta moi grande e pedimos que algún día poidan cumplir polo menos algún dos seus desexos.