martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Hoxe, pola festividade do día do libro tivemos no patio unha actividade como padriños lectores co alumnado de 5º e 6º de EI. Gustounos moito a experiencia e pasámolo moi ben. Os nenos e nenas pequenas estiveron moi atentos/as aos contos e portáronse moi ben.

Pincha na imaxe para ver as fotos.



ACTIVIDADE DE BALONMÁN

 Hoxe disfrutamos dunha clase de práctica de balonmán da man da FGB, que, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Sada, organiza do venres 3 ao domingo 5 de maio, unha proba do circuito de balonmán na rúa 5x5, no que poderá participar alumnado de 3º,4º,5º e 6º de EP.

Pincha na imaxe para ver as fotos da actividade.




viernes, 19 de abril de 2024

MALGASTO ALIMENTARIO

 Hoxe fixemos unha visita á exposición "Despilfarro Alimentario" , que está na Casa da Cultura ata o día 30 de abril. Manos Unidas quere sensibilizarnos sobre a repercusión que o malgasto de alimentos ten no planeta e especialmente nos países en vías de desenvolvemento. 

A pesares de que a Terra produce alimentos suficientes para toda a poboación, malgástase motos alimentos e case 800 millóns de persoas pasan fame no mundo.

Durante a nosa visita tivemos que encontrar resposta a algunhas cuestións sobre a exposición traballando en equipo. Gustounos moito e aprendimos moitas cousas.

Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.