martes, 28 de febrero de 2023

PROGRAMA TEI A ESTRELA DO SHERIFF

 Continuamos  no Programa TEI coa realización da  actividade A estrela do sheriff, que ten como finalidade que os alumnos e alumnas aprendan a reaccionar ante o dano que pode ocasionar un mal emprego das novas tecnoloxías e as redes sociais.

A partires dunha curta reflexionamos sobre o ciberacoso e tentamos poñernos na pel de acosados, testemuñas e  acosadores, e tamén das súas familias,  para relacionarnos dun xeito correcto e san na internet.

Recollemos as nosas aportacións nestes carteis:




jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía polo aniversario do seu nacemento. 

Na nosa clase fixemos un mural creando  poesías a partires da Alborada que escribiu a  escritora dentro de Cantares Gallegos e repasamos algúns datos da súa biografía xogando e aprendendo.


 Aquí tedes un vídeo de UXÍA cantando o poema de Rosalía. 


 



MOITOS PARABÉNS, GABRIEL!

 


                           FELIZ ANIVERSARIO!

viernes, 17 de febrero de 2023

CHEGOU O ENTROIDO

Esta semana celebramos o Entroido cos Mandados do Meco e hoxe rematamos cunha festa fantástica con desfile, baile e doces. O noso cole encheuse de arte, cor e moita diversión.

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe e tamén na web do cole


                            FELIZ ENTROIDO!


martes, 7 de febrero de 2023

DÍA MUNDIAL DA INTERNET SEGURA

 Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Internet segura cun taller en liña interactivo para axudar ao noso alumnado a desenvolver as súas competencias dixitais realizando un uso seguro e responsable. A actividade que desenvolvemos foi Detecta a fraude en vídeoxogos. Aprendemos a detectar páxinas falsas e mensaxes enganosos a través de diferentes exemplos e xogamos a un Kahoot. Ademais facilitáronnos diversos recursos para seguir practicando na casa.

Podedes ver algunhas fotos da sesión pinchando na imaxe



jueves, 2 de febrero de 2023

MODELAXE CON BARRO

 Hoxe realizamos na clase un obradoiro  con barro da man da monitora Margarita Hence. Aplicamos diferentes técnicas de modelaxe para elaborar pequenas esculturas relacionadas co mar, que será o tema central do noso proxecto CREARTE este trimestre. Desenvolvemos así a nosa creatividade expresándonos a través da arte. E agora falta pintalas cando xa pasen polas etapas de cocción e secado. 

Desfrutamos  moito con esta actividade e tamén nos demos conta do difícil que pode ser o traballo dos escultores.

Moitísimas grazas á monitora por ensinarnos tantas cousas! Encantounos a actividade.

E  parabéns aos nenos e nenas polo seu esforzo e traballo!  

Podedes ver algunhas esculturas e fotos da sesión pinchando na imaxe.