martes, 30 de mayo de 2023

SALVAMENTO ACUÁTICO

 Hoxe visitáronnos dous técnicos do Club Salvamento Sada ( SASA), Xoel e Roberto, para explicarnos en que consiste esta actividade.

Coñecemos as distintas probas que a compoñen e estivemos moi atentos e interesados. 

O vindeiro  venres teremos unha sesión práctica na praia de Sada.

Pinchade na imaxe para ver as fotos



martes, 16 de mayo de 2023

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun festival no que puidemos disfrutar das actuacións de cada curso e no que houbo teatro, cancións, baile...

A clase de cuarto recitamos uns versos de Manuel María da súa poesía Galicia; Breixo e Vicky realizaron un recital de música tradicional coa pandereta; Gabriel, Iago, Joao e Yago rapearon acompañados de Alejandra, Inés, Sara e Valeria; e toda a clase fixo a coreografía de Terra, de Tanxugueiras. 

Parabéns polo voso gran traballo!

Podedes ver imaxes e vídeos pinchando na imaxe

E tamén realizamos coa profe Oliva o Tarabelo adicado ao homenaxeado Francisco Fernández del Riego. Podedes escoitalo pinchando na foto, no blog do Tarabelo e na web do cole.



viernes, 12 de mayo de 2023

ACTIVIDADE DE PARKOUR

 Hoxe participamos nunha sesión práctica de iniciación ao parkour da man dos técnicos do Club Taekwondo de Sada.

Realizamos unha aproximación a esta disciplina deportiva a través de diferentes xogos.

Gustounos moito e pasámolo xenial!

Podedes ver as fotos pinchando na imaxe



lunes, 8 de mayo de 2023

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

  Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora o 2 de maio, no colexio  traballamos  esta problemática a través da lectura de distintos libros e lecturas compartidas. Na nosa clase lemos  o libro Rojo, o por qué el bullying no es divertido, do autor belga Jan de Kinder.




 Este é o vídeo coas recomendacións de 3º e 4º de EP


 Podedes ver todas as actividades na web do colexio

 DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR



MOITOS PARABÉNS, IAGO!

                            FELIZ ANIVERSARIO!

                         

MOITOS PARABÉNS, ALEJANDRA!

 

                           FELIZ ANIVERSARIO!

viernes, 5 de mayo de 2023

A NOSA ARTE

 Hoxe tivemos  unha saída ata a sede de Afundación de Ferrol para realizar a actividade Píntame unha poesía e escribireiche unha obra

Axudamos a completar o caderno de Isaac Díaz Pardo coas pinturas que correspondían a cada poesía e coñecemos algunhas obras da colección do Parlamento de Galicia.

Ademais adquirimos algúns coñecementos de robótica básica cun obradoiro no que montamos e fixemos funcionar uns robots moi simpáticos e creamos unha obra abstracta con robots pintores.

Pero tamén tivemos tempo para xogar un ratiño nun parque desta preciosa cidade.

Pasámolo xenial e portámonos súper ben. 

Parabéns a todos e todas!

Pinchade na imaxe para ver as fotos da xornada



miércoles, 3 de mayo de 2023

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

 

 Hoxe tivemos unha actividade  xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de EP, dentro do programa ‘Somos Únic@s’, da Fundación ColaCao, que ten como obxectivo loitar contra o acoso escolar a través de dinámicas participativas. 

Xogamos e continuamos aprendendo sobre o bullying, sensibilizándonos sobre este problema e a necesidade de previr e actuar.