Nesta avaliación de naturais do tema das enerxías, tivemos que facer un proxecto que consistía en realizar algún artefacto que precisaxe enerxía. Podíamos buscar en internet ou inventalo. A verdade é que naturais así estúdase moiti mellor.
viernes, 29 de mayo de 2026
TELEMARES, A NOSA TELE ABERTA
Telemares foi un proxecto que naceu coa intención de facer un programiña cada 15 días e contar as nosas cousas da aula. Pero estivemos con moitas saídas, exames, traballos e non puido sair á luz. Así que decidimos facer un programa coa recopilación das actividades realizadas durante o curso.
O Faro de Cabo Home
Como non podía ser doutra forma, tiñamos que falar dos faros, tan importantes para os navegantes das nosas costas. Escollemos o faro de Cabo Home, pintámolo nun lenzo e grabamos un pequeno vídeo coa información.
QUEN ANDA AHÍ? Habitantes dos mares
Ao longo do curso fomos investigando diferentes temas relacionados co mar. Un dos que máis nos apasionou foi o fondo mariño. Así que pouco a pouco, mentres pintabamos o mural, fomos investigando sobre os seus habitantes.
jueves, 14 de mayo de 2026
LETRAS GALEGAS, UNHA CLASE CON MOITA RETRANCA
Este ano decidimos facer algo diferente, así que puxémonos a pensar en diferentes expresións galegas das mais utilizadas e facer unha clase de lingua galega mooooi especial e diferente. Esperamos que vos gustara.
Nós pasámolo moi ben nos ensaios e na preparación, pero unha das cousas que máis nos gustou, foi escoller a frase para a camiseta. Quedará como un grato recordo.
jueves, 7 de mayo de 2026
MAR DE MARES
Hoxe, como cada ano tivemos a sorte de participar na recollida de lixo na praia das Delicias de Sada. Unha vez mais puidemos comprobar que aínda queda moito traballo para que as persoas sexan conscientes do dano que se fai ás nosas costas co lixo que non recollen e tiran ás praias.
Ahora estamos desexando facer a segunda parte da actividade que consiste en crear unha obra de arte plástica co lixo recollido.
Pinchade na imaxe para ver as fotos e vídeos da xornada.




