Hoxe, como cada ano tivemos a sorte de participar na recollida de lixo na praia das Delicias de Sada. Unha vez mais puidemos comprobar que aínda queda moito traballo para que as persoas sexan conscientes do dano que se fai ás nosas costas co lixo que non recollen e tiran ás praias.
Ahora estamos desexando facer a segunda parte da actividade que consiste en crear unha obra de arte plástica co lixo recollido.
Pinchade na imaxe para ver as fotos e vídeos da xornada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario