miércoles, 14 de junio de 2023

PROXECTO ARQUITECTURA

 Xa rematamos o noso proxecto de arquitectura chamado Miña casiña, meu lar, no que fixemos un pequeno percorrido pola historia da vivenda desde a Prehistoria ata como serían as nosas casas no futuro. 

Un gran traballo no que investigamos, debuxamos, construímos e aprendemos xuntos.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto tan bonito!

Hoxe comezamos coas visitas dos outros cursos e puidemos ver tamén os proxectos das outras aulas. Mañá continuaremos e engadiremos as fotos da xornada.

Pero xa podedes ver as fotos de hoxe pinchando na imaxe.




martes, 13 de junio de 2023

jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN A MARCELLE NATUREZA

 Hoxe disfrutamos da nosa excursión de fin de curso a Marcelle Natureza, un parque para a conservación da fauna animal e do medio ambiente en xeral. 

Como nos contou a nosa monitora, os habitantes do parque son todos animais rescatados. De feito, hoxe puidemos coñecer algunha das súas historias.

Nesta ligazón podedes ver información sobre os animais que viven en Marcelle e tamén dos nosos favoritos, os "capibaras".

https://marcellenatureza.com/animales/


Pinchade na imaxe para ver o ben que o pasamos


 

martes, 6 de junio de 2023

MOITOS PARABÉNS, DANTE!


                        FELIZ ANIVERSARIO!                                       

viernes, 2 de junio de 2023

ACTIVIDADE DE SALVAMENTO NA PRAIA

 Despois da sesión teórica co Club Salvamento Sada,  hoxe puidemos disfrutar dunha clase práctica na praia de Sada, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de EP.

Podedes ver fotos e vídeos da actividade pinchando na imaxe.



PREHISTORIA CO TALE-BOT

 Hoxe realizamos unha actividade de robótica na que empregamos o Tale-bot para comprobar canto coñecemos da Prehistoria. Practicamos, xogamos e ata bailamos co pequeno robot mentras repasábamos xuntos.

 Pinchade na imaxe para ver as fotos da sesión.