jueves, 21 de abril de 2022

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

 Hoxe realizamos un taller de reciclado de papel na aula. Fixemos papel a partir de cartóns, papel reciclado e tintes naturais. Cada un de nós fixemos a nosa peza e despois de escribir cunha pluma, nada máis e nada menos, puxémoslle o lacrado como remate. 

Nos papeis escribimos palabras do que significa para nós esa viaxe que é a lectura. Ao final, fixemos unha foto co resultado final. 

Pincha na imaxe e verás que obras de arte!




viernes, 8 de abril de 2022

CREANDO CON MATERIALES RECICLADOS.

 Durante esta semana o alumnado de cuarto estivo estudiando xeometría dunha forma diferente. Coa axuda das súas familias, construiron un xeoplano con materiais reciclados: oveiras, cartóns e táboas de madeira. Foi unha actividade que lles gustou moito facer coas súas familias e tamén coa que lles gustou aprender. Grazas ás familias polo seu esforzo, colaboración e implicación.

Clica na foto e poderedes ver que xeoplanos máis bonitos e como traballamos con eles.



Tamén durante esta semana traballamos co compás e como nos era un pouco difícil manexalo, tivemos que facer un debuxo con él utilizando só círculos. E a continuación podedes ver o resultado. Quedaron bastante ben!





sábado, 2 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 'Un feliz viaje por la vida', o lema da campaña do Día Mundial do Autismo

Baixo o lema " Un feliz viaje por la vida", a campaña do Día Mundial de concienciación sobre o Autismo que se conmemora hoxe 2 de abril, pon o seu foco no dereito das persoas con trastorno do espectro autista ( TEA) e as súas familias a disfrutar dunha vida feliz.

Os nenos e nenas de 4º sumámonos a esta iniciativa de concienciación e elaboramos os nosos debuxos que expresan cousas que nos fan feliz ao longo desta viaxe pola vida. Desde unha tarde na praia ata unha viaxe en avión coa familia ou disfrutar do día a día no cole cos compañeiros e compañeiras. Todos e todas quixemos expresar parte da nosa felicidade.




OBRADOIRO SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

 A asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co obxecto de que se manteña ese gran tesouro que é o noso idioma, está a levar a cabo unha campaña para dar a coñecer e dinamizar a figura de Rosalía de Castro. A Través da colaboración coa Deputación da Coruña  organizan a realización de obradoiros impartidos por distintos escritores/as nos centros educativos.

Este mércores día 30 o nós, os de 4º, participamos nun obradoiro coa escritora Andrea Barreira, que nos fixo soñar a ser superhéroes e superheroinas a través dunha novela  de Rosalía de Castro chamada " El caballero de las botas azules".