viernes, 24 de noviembre de 2023

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

 No noso cole queremos rexeitar calquer tipo de violencia contra as mulleres e como cada ano traballamos durante a semana traballamos para facer un mural colectivo recortando cada neno e nena unha silueta dunha cara e enrugando posteriormente para expresar como a violencia deixa as súas pegadas. 




Tamén aprendimos cada aula unha estrofa da conción de Aitana titulada " Ni una más" e representamos unha pequena coreografía no acto conxunto. 




Se queredes ver todas as fotos do acto do 25N entrade na páxina web do cole.


Visita da mamá de Aine.

Esta semana, a mamá de Aine de 4ºA veunos facer unha visita para contarnos como era a súa cidade natal. 
Iria, que así se chama, naceu e medrou en Ourense ata que decidiu vir vivir á Coruña para formar a súa propia familia. Contounos moitas cousas que non sabiamos de Ourense, pois para nós é moi descoñecida. Descubrimos que Ourense ten moitas pontes, que ten un dos maiores castros de Galicia, que non ten mar pero ten unhas augas termais medicinais, ensinounos a beleza da Ribeira Sacra e como non, falounos da importancia do entroido en Ourense así como da gastronomía.
Pasamos unha xornada moi divertida e aprendemos moito sobre Ourense.
Moitas grazas Iria por compartir o teu tempo con nós.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da visita.



Aniversario de Lía

 Esta semana temos que felicitar a Lía de 4ºB.



        PARABÉNS LÍA!

domingo, 19 de noviembre de 2023

Presentación do proxecto polo alumnado de 5ºEP

Os nosos compañeiros de 5ºEP presentaron o proxecto da interculturalidade nas aulas de 4ºA e 4ºB.  Foi moi divertido porque aprendimos xogando e ademais explicárono moi ben.


Se clicas podes ver algunha foto da actividade.



Visita da mamá de Antonella

 

O venres, como actividade do proxecto Sadabona que traballamos este ano no cole veunos visitar a mamá de Antonella para falarnos de Arxentina, o seu país natal.

Contounos moitas cousas sobre como era a súa xeografía e o clima, os lugares máis emblemáticos e tamén as comidas típicas. Tamén un vídeo de baleas!

 Explicounos como eran as persoas de apaixoadas coas cousas da vida, sobre todo co fútbol, a música e a política. 

Díxonos como se facía o mate, esa infusión típica de Arxentina e puidemos ver unha réplica da copa do mundo, esto último fíxonos moita ilusión.

Emocionouse cando nos contou que agora ten o seu corazón dividido entre Galicia e Arxentina porque a pesar das diferencias culturais e de que se acorda moito do seu país, aquí foi moi ben acollida e os seus fillos naceron aquí. Como di Alejandro Sanz na canción, ten o " corazón partido".

Finalmente, díxonos que é bonito compartir con xentes de diferentes culturas porque podemos aprender sempre uns doutros e que si se fai con respecto, sempre se gana.

Aprendimos moito e pasámolo moi ben.


Se pinchas na foto poderás ver fotos da xornada.


MOITAS GRAZAS CAROLINA!

miércoles, 1 de noviembre de 2023

FESTA DE MAGOSTO E SAMAÍN

O 31 de outubro sempre se convirte nun día especial no cole pois pasamos momentos moi divertidos cos nosos compañeiros e compañeiras, comemos castañas, xogamos e ata desfilamos.

PASÁMOLO XENIAL!

Clica na imaxe para ver algunhas fotos da xornada.

                                                                                                                                                                                                                                                           



                Tamén podes ver máis fotos e vídeos na web do colexio.