viernes, 24 de noviembre de 2023

Visita da mamá de Aine.

Esta semana, a mamá de Aine de 4ºA veunos facer unha visita para contarnos como era a súa cidade natal. 
Iria, que así se chama, naceu e medrou en Ourense ata que decidiu vir vivir á Coruña para formar a súa propia familia. Contounos moitas cousas que non sabiamos de Ourense, pois para nós é moi descoñecida. Descubrimos que Ourense ten moitas pontes, que ten un dos maiores castros de Galicia, que non ten mar pero ten unhas augas termais medicinais, ensinounos a beleza da Ribeira Sacra e como non, falounos da importancia do entroido en Ourense así como da gastronomía.
Pasamos unha xornada moi divertida e aprendemos moito sobre Ourense.
Moitas grazas Iria por compartir o teu tempo con nós.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da visita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario