jueves, 23 de octubre de 2025

Creando con origami

 Pensando como podíamos decorar a nosa aula de xeito divertido á nosa profe ocorriuselle a idea de facelo creando animais mariños con origami. Ao principio a verdade que non nos fixo moita ilusión, pero despois non podíamos parar de facer animais. E así, deste xeito, fixemos un mural que mesmo parecía unha peceira.

Gustounos tanto, que nos animamos a facer un tutorial por se te animas tía tamén.