viernes, 27 de octubre de 2023

Días de patio e chuvia

 Os días de chuvia son grises e vai frío, pero os nenos de nenas de 4º poñemos moito en práctica un refrán moi galego " ao mal tempo boa cara", así que buscamos diversión dentro da aula. 

Se non o credes, mirade as caras de felicidade nas fotos.











CONTOS DE HALLOWEEN

 Durante esta semana o alumnado de 4ºA estivo a facer lectura de contos de medo dun xeito moi particular.


      












ACTIVIDADE TEI: A TARTARUGA XIGANTE

Esta semana o alumnado de 4º realizou unha actividade de cohesión de grupo, recollida dentro do programa TEI que se leva a cabo no colexio. Con esta actividade, realizada entre a clase de Educación Física con Andrés e nas titorías, trátase de que o alumnado entenda de forma práctica a importancia da colaboración en común. No caso concreto da tartaruga, o alumnado, dividido en varios grupos, terá que mover a " tartaruga" sen perder a súa cuncha.

Pincha na imaxe e poderá ver as fotos da actividade.




sábado, 21 de octubre de 2023

CONTO SAWABONA

 O xoves desta semana baixamos á biblioteca a ver o conto SAWABONA. Lecturitas preparounos este conto para presentar o noso proxecto SADABONA, que , este curso versa sobre a interculturalidade.




O conto encantounos, pero o que mais nos gustou foi a mensaxe tan bonita que nos deixa: 
Repétote, valórote, ti es importante para mín.

Se pinchas na imaxe poder ver e escoitar un anaco da historia.










Aniversario de Oscar

 Felicitamos a Oscar da aula de 4ºB polo seu aniversario.



                                                            PARABENS OSCAR!


martes, 10 de octubre de 2023

Aniversario de Alba

 Felicitamos a Alba, do grupo de 4ºB que estivo de aniversario no mes de setembro. 


                                                                 
                                                                  PARABÉNS ALBA!


viernes, 6 de octubre de 2023

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS

 ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias. O que se pretende con esta limpeza é ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.

Este venres, o alumnado de 4º de EP participou nesta iniciativa xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3º de EP e recollemos aproximadamente 10kg de lixo.

Recollemos todo tipo de lixo e percorrimos toda a praia, pero tamén xogamos e nos divertimos.

Clica na imaxe para ver as fotos.



ANIVERSARIO DA SEMANA

Esta semana estivo de aniversario Eric, da clase de 4ºA. 




BENVIDOS A 4º

 Comenzamos un novo curso con moitas gañas de aprender, de compartir de xogar e de vivir experiencias maravillosas.