domingo, 19 de noviembre de 2023

Visita da mamá de Antonella

 

O venres, como actividade do proxecto Sadabona que traballamos este ano no cole veunos visitar a mamá de Antonella para falarnos de Arxentina, o seu país natal.

Contounos moitas cousas sobre como era a súa xeografía e o clima, os lugares máis emblemáticos e tamén as comidas típicas. Tamén un vídeo de baleas!

 Explicounos como eran as persoas de apaixoadas coas cousas da vida, sobre todo co fútbol, a música e a política. 

Díxonos como se facía o mate, esa infusión típica de Arxentina e puidemos ver unha réplica da copa do mundo, esto último fíxonos moita ilusión.

Emocionouse cando nos contou que agora ten o seu corazón dividido entre Galicia e Arxentina porque a pesar das diferencias culturais e de que se acorda moito do seu país, aquí foi moi ben acollida e os seus fillos naceron aquí. Como di Alejandro Sanz na canción, ten o " corazón partido".

Finalmente, díxonos que é bonito compartir con xentes de diferentes culturas porque podemos aprender sempre uns doutros e que si se fai con respecto, sempre se gana.

Aprendimos moito e pasámolo moi ben.


Se pinchas na foto poderás ver fotos da xornada.


MOITAS GRAZAS CAROLINA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario