miércoles, 14 de junio de 2023

PROXECTO ARQUITECTURA

 Xa rematamos o noso proxecto de arquitectura chamado Miña casiña, meu lar, no que fixemos un pequeno percorrido pola historia da vivenda desde a Prehistoria ata como serían as nosas casas no futuro. 

Un gran traballo no que investigamos, debuxamos, construímos e aprendemos xuntos.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto tan bonito!

Hoxe comezamos coas visitas dos outros cursos e puidemos ver tamén os proxectos das outras aulas. Mañá continuaremos e engadiremos as fotos da xornada.

Pero xa podedes ver as fotos de hoxe pinchando na imaxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario