viernes, 19 de abril de 2024

MALGASTO ALIMENTARIO

 Hoxe fixemos unha visita á exposición "Despilfarro Alimentario" , que está na Casa da Cultura ata o día 30 de abril. Manos Unidas quere sensibilizarnos sobre a repercusión que o malgasto de alimentos ten no planeta e especialmente nos países en vías de desenvolvemento. 

A pesares de que a Terra produce alimentos suficientes para toda a poboación, malgástase motos alimentos e case 800 millóns de persoas pasan fame no mundo.

Durante a nosa visita tivemos que encontrar resposta a algunhas cuestións sobre a exposición traballando en equipo. Gustounos moito e aprendimos moitas cousas.

Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario