Esta semana tivemos a conmemoración do día internacional da muller, nós os de cuarto, quixemos facer algo especial para elas. Esperamos que vos guste!
Día Internacional da muller |
Cada un dos corazóns do mural está dedicado a unha muller especial na nosa vida. Pero como pensamos que ás veces é importante dicir as cousas ademais de escribilas, fixemos o seguinte vídeo con moito cariño.
A fin de semana realizamos unha entrevista a unha muller, sobre as súas inquedanzas, os seus traballos e tamén os seus desexos.
Despois de facer o análisis de todas as entrevistas na clase, fixemos un resumo que representa casi o cen por cen das respostas.
Descubrimos que:
- O que máis valoran de ser mulleres é o feito de poder dar vida a un novo ser.
- Que aínda que moitas teletraballan na casa, que lles gustaría poder facelo fora para que a casa fose o seu lugar de desconexión e tranquilidade.
- Valoran traballar tanto con homes coma con mulleres porque sempre que haxe respecto, poden aprender uns dos outros e avanzar e mellorar conxuntamente.
- Destacan que aínda que se avanzou moito na igualdade, aínda hai profesións nas que está máis valorado o sexo masculino.
- Finalmente, destacar que tamén casi o cen por cen das entrevistadas, piden como desexos: máis tempo para poder disfrutar da familia, viaxar ou algo tan sinxelo como durmir.
Nós os de cuarto enviámoslles unha aperta moi grande e pedimos que algún día poidan cumplir polo menos algún dos seus desexos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario