Durante catro meses a partir da segunda quincena de febreiro, o noso cole vai participar no programa " Snack Lab", contando coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Así, da man de Rosa, tivemos unha interesante charla para reflexionar sobre a importancia dunha alimentación saudable e como vai ser o funcionamto deste programa no cole.
Antes da visita de Rosa, durante a semana anterior, tivemos que facer un seguimento das merendas que traemos ao colexio todos os días, e démonos conta de que moitas veces non son moi saudables.
Rosa contounos moitas cousas interesantes, pero o que máis nos gustou, foi a idea de facer recetas saudables e moi ricas.
Encantounos a proposta de facer receitas saudables e presentounos unha de tertas de avena que nos gustou moito a todos e tosas, por iso, querémola compartir con vós.
A avena é un cereal que o ser humano consume desde hai miles de anos, pola súa alta calidade nutricional, superior ao de outros cereais: é rica en fibras, proteínas, vitaminas e minerais indeispensables para o noso organismo.
Ingredientes para 6 tortas de copos de avena
- 1/2 taza de avena en copos
- 1 ovo
- 3 claras de ovo
- 1 chorro de leite
- 1 pizca de sal
- 1 pizca de azucre ou canela
Bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario