As clases de 4º tivemos un obradoiro de encadernación da man de Jenny, a nai da nosa compañeira Zaira.
Contounos como se empezaron a encadernar os libros e fixo un percorrido polas diferentes etapas da Historia para coñecer a súa evolución.
Tamén nos ensinou diversos tipos e maneiras de encadernar.
Despois puidemos facer os nosos propios cadernos coa súa axuda.
Foi unha actividade moi interesante que nos encantou!
Moitísimas grazas a Jenny pola súa visita e por ensinarnos tantas cousas!
Pinchade na imaxe para ver as fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario