sábado, 16 de diciembre de 2023

Viaxamos a Venezuela con Gerald de 4ºA, a súa mamá Garby e o seu pai Joel.

Este mes de decembro tivemos a visita de Garby e Joel, os pais do noso compañeiro Gerald, para contarnos un pouco de como é Venezuela e as súas xentes.

Faláronnos da bandeira e o significado das súas cores, dos simbolos nacionais como a orquídea ou Flor de Maio, a ábore chamada Araguaney  que significa " flor de ouro" pola súa cor amarela e o Turpial, que é un paxaro duns 24 cm cun precioso colorido amarelo e laranxa.



Tamén nos ensinaron lugares preciosos e descoñecidos de Venezuela e algún que parecía de película como " El salto del Ángel", que é a cascada máis grande do mundo.

Clica na imaxe para saber máis.


Puidemos probar dúas das súas comidas típicas como as arepas e o pan de xamón. Estaba todo riquísimo!

Gustounos tanto, que a mamá do noso compañeiro nos ensinou a facer arepas facendo un tutorial na aula, foi moi divertido.

Contáronnos con moita emoción como tiveron que marchar do seu país e que o botan moito de menos, porque aínda que aquí os acolleron moi ben extrañan as súas xentes, a familia que quedou atrás, os seus costumes e a ledicia carácterística coa que destacan os venezolanos e venezolanas.

Os nenos e nenas de 4ºA quixemos animalos a que nos ensinaran un pouco da súa ledicia, así que nos fixeron unha demostración de baile que nos encantou.

Pincha nas fotos e verás unha pequena demostración.


Foi unha xornada na que aprendimos moitas cousas de Venezuela e das súas xentes, dos seus costumes e sobre todo, da importancia de respectarnos, valorarnos como cidadans do mundo no que todos e todas podemos aprender uns dos outros.

Se pinchas na imaxe poderás escoitar unha canción típica de Venezuela e que ten un significado especial para Marby e Joe., Anímovos a escoitala!


MOITAS GRAZAS FAMILIA!






No hay comentarios:

Publicar un comentario