lunes, 4 de diciembre de 2023

Sadabona: Viaxamos a León co noso compañeiro Nathan e a súa nai Elia.

O 28 de novembro tivemos a sorte de poder contar coa visita de Elia, a mamá de Nathan de 4ºB, para contarnos a cultura e tradición do seu lugar de orixe: Astorga (León) e tamén do lugar de orixe do papá do noso compañeiro: Salamanca.


O primeiro que aprendimos e nos pareceu moi gracioso é que aos de León se lles chama Maragat@s e os de Salamanca Charr@s. 
Contounos cousas curiosas como que en Astorga hai un museo do chocolate, do palacio episcopal realizado por Gaudí, das festas do lugar, dos diferentes camiños que fan os peregrinos desde alí ata Santiago de Compostela e tamén das comidas típicas.....

Na visita por Salamanca falounos da súa catedral e os segredos que esconde, do río Tormes e os piragüistas que o percorren, e tamén do mariquelo ( orixinariamente o membro da familia dos Mariquelos, que debía subir cada ano á torre da Catedral Nueva de Salamanca, en agradecemento a Deus porque o terremoto de Lisboa de 1755 apenas dañou o edificio e non ocasionou vítimas mortais).

Foi unha visita moi divertida e coñecimos moitas cousas do noso país que non sabiamos. 
Se queredes ver as fotos da visita pinchade na foto.

                         Grazas Elia pola túa colaboración e implicación co noso proxecto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario