lunes, 4 de diciembre de 2023

Viaxamos a Brasil con Taylor.

 Dentro do proxecto Sadabona o noso compañeiro Taylor de 4ºB levounos de viaxe por Brasil. 

Taylor vive nun lugar ao sur do país chamado Canoas (Riogrande do Sur) limítrofe con Uruguay e Arxentina. Para o noso compañeiro é un lugar moi especial e contounos moitas vivencias, moitos recordos....abaixo podedes ver a súa bandeira. 



Como si de un guía turístico se tratase, explicounos no mapa donde estaba situado Brasil, como é a súa moeda, os lugares típicos para visitar e por suposto as comidas típicas, nas que destacaron os doces.
Os doces que máis lle gustan a Taylor son os negrinhos ou brigadeiros, que teñen aspecto de trufa de chocolate e textura de caramelo.



            DELICIOSOS!

Finalmente, tamén nos falou dunha bebida típica que se chama Chimarrao ou Cimarrón, que se elabora con herba mate. Esta bebida é moi popular no sur do país e tómase quente ao contrario que en Arxentina, donde se bebe frío.


Pasámolo moi ben, aprendimos moitas cousas sobre Brasil e coñecimos mellor a Taylor. Foi coma viaxar sen movernos do cole!

Se pinchas na foto podes ver todas as fotos da xornada.






No hay comentarios:

Publicar un comentario