viernes, 1 de diciembre de 2023

EMOCIÓNS EN PERIGO. FOTOGRAFÍAS DE TIM FLACH

O xoves 30 de novembro realizamos unha visita-obradoiro chamada Emerxencia planetaria, rapazada ao rescate, na sede de Afundación da Coruña. 

Primeiro asistimos á exposición Emocións en perigo, na que puidemos ver as fotos de Tim Flach, unha selección de retratos de animais en perigo de extinción , realizadas co obxectivo de fomentar a empatía cos retratos. As imaxes eran fantásticas e mesmo parecía que os animais cobraban vida.






Coñecemos a varios animais que se atopan en perigo de extición por diferentes causas e coa axuda da tartaruga CURA CURA, buscamos solucións para poder salvalos.


E finalmente, realizamos un obradoiro STEAM de robótica, no que fixemos falar a un axolote utilizando o programa SCRACH.

 Se pinchas na imaxe, poderás ver as footos e vídeos da xornada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario