Ola! Hoxe queremos ensinarvos o noso traballo de Ciencias da Natureza. Cada un de nós elaborou un lapbook con todo o que aprendemos dos animais vertebrados, para despois presentalo e expoñelo na clase. Esforzámonos moito e saíunos súper ben. Parabéns a todos e todas!
lunes, 26 de septiembre de 2022
lunes, 19 de septiembre de 2022
XA ESTAMOS EN CUARTO!
Comezamos un novo curso con moitas gañas de aprender e compartir experiencias. Na clase falamos dos nosos desexos e expectativas para 4º e escribímolo todo para gardalo nunha cápsula do tempo que só poderemos abrir cando remate o curso.
Cumpriranse os nosos desexos? Xa estamos desexando descubrilo!
E como este ano a arte estará moi presente na nosa escola, compartimos convosco estes marcapáxinas tan chulos que deseñamos.
ÁNIMO E ADIANTE!
miércoles, 22 de junio de 2022
Fin de curso
E chegou o día da despedida. Todos os anos remata un curso e estamos felices porque comenza outro, pero nesta ocasión a despedida foi especial porque non so cambiamos de ciclo, senón que nos despedimos dunha etapa xuntos.
Agradecer as ensinanzas e cariño que me destes ao longo destes tres anos xuntos e desexarvos unha nova etapa chea de máis logros e moitas emocións.
Sempre no meu corazón!
Grazas!💖
Clica para ver as fotos da xornada.
martes, 21 de junio de 2022
Sada Talent
Hoxe disfrutamos no cole do festival " Sada Talent", no que como grandes artistas que somos, fixemos alarde das nosas habilidades. Aínda que a competencia foi moi dura.
Pinchade na foto e poderedes ver as nosas actuacións.
lunes, 13 de junio de 2022
Recollida de lixo coa Cruz Vermella.
Hoxe fomos recoller residuos á praia das Delicias coa Cruz Vermella. Repartímonos en grupos e cada grupo levaba un saquiño para a recollida, por suposto con luvas, moi importante.
Despois da recollida, explicáronnos como seleccionar todo o encontrado, que características tiña cada cousa e como chegou ata alí.
Unha vez máis, decatámonos que debemos de ser máis responsables co medio ambiente e que a pesar de todos os carteis, os avisos na prensa, na televisión......se non sale do noso interior a responsabilidade de coidar o noso planeta, non se consigue nada.
Sexamos responsables, coidemos o planeta!
Pncha na foto e verás as fotos e vídeos da sornada.
jueves, 9 de junio de 2022
Curso de vela
Hoxe tivemos o cuarto e último día do curso de vela que tanto nos entusiasma. Repasamos contidos aprendidos e practicamos para non olvidarnos. Dounos moita pena despedirnos do curso e dos monitores, que nos felicitaron polo noso compartamento.
Algúns e algunhas de nós descubrimos que esto de navegar se nos daba ben e ademáis nos gustaba moito, tamén que relaxa e que é unha forma máis ecolóxica de viaxar.
Clica na imaxe.

















