lunes, 13 de junio de 2022

Recollida de lixo coa Cruz Vermella.

 Hoxe fomos recoller residuos á praia das Delicias coa Cruz Vermella. Repartímonos en grupos e cada grupo levaba un saquiño para a recollida, por suposto con luvas, moi importante. 

Despois da recollida, explicáronnos como seleccionar todo o encontrado, que características tiña cada cousa e como chegou ata alí.

Unha vez máis, decatámonos que debemos de ser máis responsables co medio ambiente e que a pesar de todos os carteis, os avisos na prensa, na televisión......se non sale do noso interior a responsabilidade de coidar o noso planeta, non se consigue nada.

Sexamos responsables, coidemos o planeta!

Pncha na foto e verás as fotos e vídeos da sornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario