miércoles, 1 de junio de 2022

E POR FIN CHEGOU O FEIRÓN SOLIDARIO💕

Despois de tanto traballo, chegou a nosa recompensa cun feirón solidario moi esperado e desexado. Despois de montar os estands con moitísima ilusión e algún nervio tamén, ás 10 da mañán de hoxe deu comenzo a xornada. 
Os nervios desapareceron e con premura, puxémonos a realizar cada quen o seu traballo para que todo se realizase coa mellor xestión posible. O tempo pasouse rapidísimo e quedamos moi contentos e contentas polo bo resultado, tanto da venda como da organización. 
Foi unha experiencia esta do  feirón moi emocionante e con moito amor por parte de toda a comunidade educativa, familias, profesorado  e os protagonistas.....o alumnado.
Moitas grazas a todos/as e parabéns!

Pinchade na ligazón para ver as fotos da xornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario