martes, 31 de mayo de 2022

CONTA ATRÁS PARA O FEIRÓN FINAL DE PROXECTO: AMA CON ❤️

💖 Mañán celébrase por fin o feirón fin de proxecto que levamos esperando todo o curso. Este ano, no proxecto do cole sobre consumo responsable, aprendimos moitas formas de aproveitar os recursos e non desperdicialos, así como a importancia dun consumo máis responsable e ecolóxico.

Recollimos lixo na praia e cos resíduos fixemos uns cadros estupendos, cantámoslle á paz cunha árbore colaborativa feita de teas, fixemos papel reciclado, aprendimos xeometría creando os nosos propios xeoplanos, fixemos tetris para xogar.......

Pero ao noso curso, tocáballe traballar as profesións, así que en entroido, decidimos cos compañeiros e compañeiras de terceiro, disfrazarnos de menciñeiros e menciñeiras do século XXI. Pensamos que é unha tradición moi antiga en Galicia a de traballar coas prantas e as súas propiedades. Dese xeito, aprendimos que as prantas teñen propiedades medicinais que nos poden axudar para o benestar corporal e tamén emocional.

Tamén realizamos de modo artesanal unhas cestiñas de mimbre que nos deron bastante traballo, o cal nos fixo valorar moito este tipo de traballos artesáns.

Para finalizar, queremos destacar a importancia do traballo en grupo que realizamos na clase, o cal nos levou a realizar traballos moi bonitos e a disfrutar de todas as actividades.

Nas fotos que ides poder ver a continuación reflexan esto último reflexado e a conta atrás para a realización dese feirón praparado con moito amor, moita paciencia e moita colaboración entre todos/as.

Pincha na foto.



Por se alguén se despistou e non viu o catálogo de produtos, aquí podedes velo.












No hay comentarios:

Publicar un comentario