viernes, 24 de noviembre de 2023
Visita da mamá de Aine.
domingo, 19 de noviembre de 2023
Presentación do proxecto polo alumnado de 5ºEP
Os nosos compañeiros de 5ºEP presentaron o proxecto da interculturalidade nas aulas de 4ºA e 4ºB. Foi moi divertido porque aprendimos xogando e ademais explicárono moi ben.
Se clicas podes ver algunha foto da actividade.
Visita da mamá de Antonella
O venres, como actividade do proxecto Sadabona que traballamos este ano no cole veunos visitar a mamá de Antonella para falarnos de Arxentina, o seu país natal.
Contounos moitas cousas sobre como era a súa xeografía e o clima, os lugares máis emblemáticos e tamén as comidas típicas. Tamén un vídeo de baleas!
Explicounos como eran as persoas de apaixoadas coas cousas da vida, sobre todo co fútbol, a música e a política.
Díxonos como se facía o mate, esa infusión típica de Arxentina e puidemos ver unha réplica da copa do mundo, esto último fíxonos moita ilusión.
Emocionouse cando nos contou que agora ten o seu corazón dividido entre Galicia e Arxentina porque a pesar das diferencias culturais e de que se acorda moito do seu país, aquí foi moi ben acollida e os seus fillos naceron aquí. Como di Alejandro Sanz na canción, ten o " corazón partido".
Finalmente, díxonos que é bonito compartir con xentes de diferentes culturas porque podemos aprender sempre uns doutros e que si se fai con respecto, sempre se gana.
Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Se pinchas na foto poderás ver fotos da xornada.
MOITAS GRAZAS CAROLINA!







