viernes, 8 de marzo de 2024

VISITA DA MAMÁ DE THIAGO

 O mércores tivemos unha visita moi especial na clase de 4ºA. Con motivo do traballo que estamos a facer na aula sobre a alimentación saudable e os seus beneficios na saúde, Thiago o noso compañeiro de 4ºA quixo explicarnos xunto coa súa nai, Sandra, como superou un cancro co que naceu de bebé.

Dun xeito moi sinxelo e con moito agarimo Sandra e Thiago explicáronnos a importancia de levar unha vida saudable porque é indispensable para estar fortes de cara ás posibles enfermidades.

Thiago quixo agasallar aos seus compañeiros cunha nariz de paiaso que compra para colaborar coa asociación Theodora, unha asociación que leva a ilusión e as risas aos nenos hospitalizados. 

Parabéns a Thiago e a Sandra pola valentía de contalo! 

Unha aperta de todo o alumnado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario