domingo, 10 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe, con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, tivemos a visita de Ana Belén Montiagudo Diz, doutora en xenéticae bioloxía  pola Universidade de Santiago de Compostela para compartir connosco a súa experiencia profesional e o camiño percorrido desde que decidiu ser bióloga.

Explicounos o importante que é perseguir os nosos soños ainda que sexan difíciles, da importancia do traballo, o esforzo e a persistencia. Trouxonos exemplos de varias mulleres importantes no ámbito científico-tecnolóxico, aínda que, hoxe en día son unha minoría as que escollen esta rama. Por iso é importante darlles visibilidade ás mulleres para promover o seu papel en prol da igualdade.


Pincha na imaxe para ver as fotos da xornada.



GRAZAS ANA !





No hay comentarios:

Publicar un comentario