jueves, 7 de mayo de 2026

MAR DE MARES

 Hoxe, como cada ano tivemos a sorte de participar na recollida de lixo na praia das Delicias de Sada. Unha vez mais puidemos comprobar que aínda queda moito traballo para que as persoas sexan conscientes do dano que se fai ás nosas costas co lixo que non recollen e tiran ás praias.

Ahora estamos desexando facer a segunda parte da actividade que consiste en crear unha obra de arte plástica co lixo recollido.

Pinchade na imaxe para ver as fotos e vídeos da xornada.



miércoles, 29 de abril de 2026

Enki

 Un ano máis disfrutamos dunha mañán divertida coa carreira Enki. Este curso fíxose esperar desde decembro porque o clima non acompañou. Pero hoxe, puidemos disfrutar dun tempo agradable e disfrutamos moito.

Pincha na imaxe e poder ver as fotos.




jueves, 23 de abril de 2026

Habilidades en bicicleta

 Esta semana participamos nun obradoiro de habilidades en bicicleta, que está dentro da nosa participación no Plan ProDivertímonos moito e tamén aprendimos como debemos circular correctamente en bicicleta. Algúns compañeiros que non sabían andar en bicicleta, casi sairon do obradoiro montados nunha.

Se pincades na imaxe, poderedes ver algunhas fotos e vídeos da xornada.




Día do libro

 Hoxe celebramos o día do libro como non podía ser de outro xeito, lendo libros de todas a formas e colores. Pero dun xeito moi divertido, convertémonos en madriñas e padriños lectores dos nosos compañeiros e compañeiras de 2º e 1º de EP. 

Tamén foi máis especial para nós porque tocounos facer a emisión especial do Tarabelo nas ondas. Pasámolo moi ben grabando.

Pincha na imaxe e verás as fotos.


Se pinchas na foto poderás escoitar o tarabelo realizado para esta conmemoración.





lunes, 20 de abril de 2026

Avaliación de Diagnóstico

 Comenzamos coa Avaliación de Diagnóstico, probas que durarán toda a semana. Este curso, como novidade, faremos as probas cos ordenadores. Xa non estamos nerviosos ou nerviosas porque a semana anterior practicamos varios días como entrar na páxina, simulamos algunha proba para saber como responder, como activar as axudas.....




jueves, 9 de abril de 2026

Taller de artesanía coa temática do mar

Con motivo da preparación do mercadillo a finais de curso, comenzamos a traballar nas creacions artesanais para tal evento. Encántanos imaxinar que podemos facer para crear cousas diferentes.


Se pinchas na imaxe, poder ver mías fotos.



martes, 17 de marzo de 2026

Programando coa a xuda de 5ºEP

 Hoxe puidemos facer uso da nosa creatividade coa axuda dos nosos compañeiros de 5º EP para facer pequenas programacións.

Pincha na imaxe para ver máis fotos.