viernes, 28 de febrero de 2025

ENTROIDO NO COLE

Hoxe todo o cole celebramos o Entroido cunha xornada de festa, música, baile e disfraces. 

Realizamos un pasarrúas coa temática do cómic polo paseo marítimo de Sada e logo desfrutamos dos doces típicos desta data e do tempo de lecer no patio. 

Caracterizámonos de Pitufos e Súper López e pasámolo xenial!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos 
 




jueves, 27 de febrero de 2025

OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN

 As clases de 4º tivemos un obradoiro de encadernación da man de Jenny, a nai da nosa compañeira Zaira. 

Contounos como se empezaron a encadernar os libros e fixo un percorrido polas diferentes etapas da Historia para coñecer a súa evolución. 

Tamén nos ensinou diversos  tipos e maneiras de encadernar.


Despois puidemos facer os nosos propios cadernos coa súa axuda.


Foi unha actividade moi interesante que nos encantou!

Moitísimas grazas a Jenny pola súa visita e por ensinarnos tantas cousas!

Pinchade na imaxe para ver as fotos 


martes, 25 de febrero de 2025

OS NOSOS CÓMICS

Pinchade na imaxe para ver algúns dos cómics que estamos realizando no Proxecto Viñetas dende Sada.



lunes, 24 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA 23 DE FEBREIRO

 Estes días conmemoramos o Día de Rosalía realizando diferentes actividades para coñecer mellor a figura e a obra da nosa gran escritora galega.

As clases de 4º participamos tamén  na ilustración e recitado colectivo do poema Cando a luniña  aparece.

 



viernes, 21 de febrero de 2025

MANDADOS DO MECO

Comezamos cos Mandados do Meco para dar a benvida ao Entroido. 

Animádevos a participar e non vos esquezades de que son acumulativos!


 


MOCHILAS VIAXEIRAS

 As mochilas viaxeiras que nos preparou Lecturitas xa están rumbo ás nosas casas para compartir historias coas nosas familias.