Lía enfróntase a un camiño de desafíos onde comprende que a súa verdadeira riqueza non está nos bens materiais, senón na súa valentía, amor e amaxia que leva dentro.
Clica na imaxe.
Lía enfróntase a un camiño de desafíos onde comprende que a súa verdadeira riqueza non está nos bens materiais, senón na súa valentía, amor e amaxia que leva dentro.
Clica na imaxe.
Hoxe fomos de teatro a Afundación a ver unha nova proposta escénica que mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo, participación do público, e, sobre todo, a gastronomía máis internacional e divertida. Desta volta, os refinados chefs preparan un menú degustación con sabores de diferentes lugares coa mensaxe de promover unha dieta ampla, variada e diversa.
Pasámolo moi ben!
Pincha na imaxe e poderás ver algunga imaxe e video da función.
Grazas á asociación Patexeiros, puidemos visitar varias embarcacións tradicionais no pantalán da nosa vila.
Puidemos subir en varias embarcacións nas que nos explicaron as partes dos barcos, o seu uso e tamén puidemos subir as velas e incluso remar.
Disfrutamos moito e pasámolo tan tan ben, que queremos volver cada ano!
Se pinchades na imaxe poderedes ver un pequeno vídeo.
E agora.....se pinchades na imaxe, poderedes ver as fotos e vídeos da xornada.
Hoxe tivemos a sorte de disfrutar da visita de Mayte, que é unha namorada do mar e das súas especies, pois traballa como bióloga en Miño.
Chegou ao cole coas súas caixiñas cheas de cunchas, de ameixas, mexilóns, caracolas, ourizos, minchas......
Tamén trouxo un microscopio cunha pantalla xigante no que puidemos ver as partes internas dunha ostra viva e tamén dun gusano de mar.
Aprendimos moitas cousas interesantes e incluso vimos un polbo azul.
Pinchade na imaxe e podedes ver as fotos.
Un día máxico no noso cole!
Hoxe visitounos Olalla Meigalla, que aterrizou coa súa vasoira máxica para contarnos o conto de A Comunidade Vagalume.
Unha historia que non so nos transportou a mundos máxicos como a illa de Oki Konoki, senón que nos fixo reflexionar sobre a importancia da comunidade e o seu coidado, así como a importancia de mantela unida e así coa forza da unión, construir un mundo máis igualitario.
Se pinchas na primeria imaxe podes ver as fotos da actividade.
Pincha na imaxe e poderás ver un pequeno vídeo.
Hoxe celebrarse, como casa ano, o día de Rosalía de Castro e a nosa clase quixo homenaxeala recitando un dos seus poemas titulado Para a Habana"
Para a Habana!”é un poema emblemático de Rosalía de Castro, publicado na súa obra Follas Novas (1880), que retrata a emigración galega. Narra a dolorosa despedida dun mozo que vende as súas poucas pertenzas para buscar fortuna en Cuba, debido á pobreza en Galicia. O poema destaca pola dor e a soidade que deixa a emigración.
O noso centro participa no Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia,Universidades e Formación Profesional na modalidade de Mobilidade Sostible e Segura.
Coa nosa participación pretendemos desenvolver un proxecto relacionado con cambiosnos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles.
Hoxe,día 23 de febreiro, todo alumnado participamos nuns talleres impartidos por técnicos de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para promover a creación destes novos hábitos,de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.
O noso taller foi “Taller de bicicleta, pasaxeiro de autobús e código PAS”.
Puidemos repasar os conceptos máis básicos de peón e pasaxeiro (uso do cinto de seguridade), e afondamos no tema da bicicleta (elementos de seguridade, como circular, algúns sinais...), como subir e baixar do autobús, e o código PAS.
Pincha na imaxe.