viernes, 11 de abril de 2025
lunes, 7 de abril de 2025
miércoles, 2 de abril de 2025
2 DE ABRIL, DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Hoxe conmemoramos o Día de Concienciación do Autismo cun mural colaborativo das clases de 4º A e 4º B no que transmitimos a nosa mensaxe sobre a diversidade.
jueves, 27 de marzo de 2025
PASANDO A BÓLA
Hoxe participamos no Programa da Xunta "Pasando a bóla, xogando para cambiar", que ten como obxectivo a prevención do acoso escolar.
A actividade consistiu nunha representación teatral da man do grupo A Xanela do Maxín, que coa colaboración do alumnado puxo en escena diferentes situacións relacionadas co acoso. Os nenos e nenas tamén se converteron en parte activa do proceso aportando ideas para resolver os comportamentos contrarios á convivencia representados. Estimulouse a reflexión e a capacidade crítica sobre os diferentes roles que interveñen neste tipo de situacións.
Foi unha actividade moi enriquecedora que de forma lúdica nos fixo conscientes do negativo deste tipo de actitudes.
Podedes ver as fotos das dúas sesións pinchando nas imaxes
3º, 4º A e 5º A
4ºB, 5ºB e 6º
miércoles, 26 de marzo de 2025
TIRAS CÓMICAS
O alumnado de 4º seguimos a traballar no proxecto Viñetas dende Sada e hoxe queremos compartir convosco as nosas tiras cómicas.
Pinchade na imaxe para velas.
jueves, 20 de marzo de 2025
ACTIVIDADE MUSICAL RRREDOBRA E VISITA- OBRADOIRO DE ESCULTURA
Hoxe o alumnado de 3º e 4º tivemos unha saída AFUNDACIÓN da Coruña para realizar varias actividades moi enriquecedoras.
Primeiro puidemos asistir ao espectáculo musical RRREDOBRA, A SINFONÍA DO CAMBIO, que resultou divertidísimo. Nun mundo con escasez de materias primas e de exceso de lixo é a hora de sonorizar o cambio. Toda a música estaba feita a través de diferentes elementos que atopamos no noso día a día: caldeiros, botellas, bolsas... tocando así ao ritmo dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Participamos cos nosos corpos e coas nosas voces creando diferentes ritmos e pasámolo xenial.
Despois, realizamos unha visita á nova exposición ESPAZO E TEMPO, na que fixemos un percorrido pola escultura contemporánea desde mediados do século XIX ata os nosos días. Partindo da figura de Isidoro Brocos, mestre do xenio Pablo Picasso, ata autores máis recentes coma Jorge Oteiza, Luís Caruncho, Francisco Leiro ou Juan Muñoz, puidemos ver a singular riqueza e diversidade desta arte.
Ademais, inspirándonos na obra de Jorge Oteiza, creamos as nosas propias esculturas e puxémolas en movemento.
Pinchade na imaxe para ver fotos e vídeos da xornada






