jueves, 20 de marzo de 2025

ACTIVIDADE MUSICAL RRREDOBRA E VISITA- OBRADOIRO DE ESCULTURA

 Hoxe o alumnado de 3º e 4º tivemos unha saída AFUNDACIÓN da Coruña para realizar varias actividades moi enriquecedoras.

Primeiro puidemos asistir ao espectáculo musical RRREDOBRA, A SINFONÍA DO CAMBIO,  que resultou divertidísimo.  Nun mundo con escasez de materias primas e de exceso de lixo é a hora de sonorizar o cambio. Toda a música estaba feita a través de diferentes elementos que atopamos no  noso día a día: caldeiros, botellas, bolsas... tocando así ao ritmo dos  3R: reducir, reutilizar e reciclar. Participamos cos nosos corpos e coas nosas voces creando diferentes ritmos e pasámolo xenial.

 Despois, realizamos unha visita á nova exposición ESPAZO E TEMPO, na que fixemos un percorrido pola escultura contemporánea desde mediados do século XIX ata os nosos días. Partindo da figura de Isidoro Brocos, mestre do xenio Pablo Picasso, ata autores máis recentes coma Jorge Oteiza, Luís Caruncho, Francisco Leiro ou Juan Muñoz, puidemos ver  a singular riqueza e diversidade desta arte.

 Ademais, inspirándonos na obra de Jorge Oteiza, creamos as nosas propias esculturas e puxémolas en movemento.

Pinchade na imaxe para ver fotos e vídeos da xornada


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario