lunes, 24 de febrero de 2025
viernes, 21 de febrero de 2025
MANDADOS DO MECO
Comezamos cos Mandados do Meco para dar a benvida ao Entroido.
Animádevos a participar e non vos esquezades de que son acumulativos!
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras que nos preparou Lecturitas xa están rumbo ás nosas casas para compartir historias coas nosas familias.
miércoles, 12 de febrero de 2025
martes, 11 de febrero de 2025
DÍA DA INTERNET SEGURA E PROGRAMA TEI PARA QUE?
Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade).
Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións para actuar contra o ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais.
Ademais, realizamos unha nova actividade TEI na que analizamos dous challenges e reflexionamos sobre o que se comparte e as súas consecuencias.
O importante é saber elixir dende a pregunta para que, visualizando e compartindo contidos que nos fagan mellores.
E rematamos creando os nosos carteis con retos virais positivos e negativos.
Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade
jueves, 6 de febrero de 2025
PLAN PROXECTA CHARLA STOP ACCIDENTES
Continuando coa formación sobre mobilidade sostible e segura, hoxe tivemos unha charla didáctica coa organización STOP ACCIDENTES, na que aprendemos comportamentos seguros no camiño escolar e valores de convivencia.
Lembrade que o noso Camiño Escolar Seguro está a piques de comezar.





.png)






