martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA INTERNET SEGURA E PROGRAMA TEI PARA QUE?

 Hoxe celebramos o Día da Internet Segura realizando un taller online organizado polo  INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade). 

Visualizamos varios vídeos con situacións coas que nos podemos atopar na Internet e participamos tomando decisións  para actuar contra o ciberacoso, os contidos prexudiciais e os retos virais. 

Ademais, realizamos unha nova actividade TEI na que analizamos dous challenges e reflexionamos sobre o que se comparte e as súas consecuencias. 

O importante é saber elixir dende a pregunta para que, visualizando e compartindo contidos que nos fagan mellores.

E rematamos creando os nosos carteis con retos virais  positivos e negativos.



Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da actividade

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario