viernes, 19 de enero de 2024

jueves, 11 de enero de 2024

OBRADOIRO PROXECTO ANCAS

 



Este curso o noso cole porá en marcha, xunto co Concello de Sada (dentro do Plan de Movilidade Sostible) e a asociación Stop Accidentes, o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!
Por iso, hoxe participamos nun taller de mobilidade sostible e segura no que aprendemos e reflexionamos sobre hábitos de convivencia e solidariedade nas vías públicas.

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da sesión.


O alumnado puido resolver dúbidas sobre a seguridade viaria e comentar as súas inquedanzas sobre a mesma. Unha das cousas que máis lles gustou foi unha curta sobre a importancia da solidaridade de todos e todas para que se poida conseguir unha movilidade segura.

Pincha na imaxe para vela.



miércoles, 20 de diciembre de 2023

Aniversario Diego

 

Hoxe estivo de aniversario Diego de 4ºB.



                                                                    PARABENS DIEGO!

Aniversario de Aine


O lins estivo de aniversario Aine e compartiu no cole o seu soriso e ledicia.

                                                                                                                                 

                                                                      PARABENS AINE!

martes, 19 de diciembre de 2023

EXPOSICIÓN SADABONA

Hoxe visitamos a exposición de Sadabona deste trimestre. Nela puidemos ver os traballos realizados polo alumnado de todo o centro e tamén do noso curso sobre a interculturalidade. Nos traballos intentamos recoller dunha forma sinxela algunhas das moitas cousas que aprendimos sobre nós mesmos e as nosas raíces. Aprendimos moitas cousas dos nosos compañeiros e compañeiras, pero sobre todo aprendimos o importante que é respetar e valorar aos demáis porque todos e todas somos importantes.

Se pinchades na imaxe podedes ver un vídeo dos traballos.



Emocionante verdade! 


Se pinchas nas imaxes poderás ver as fotos da visita de 4ºA e 4ºB.





  E como todo traballo previamente conleva un esforzo........a continuación podes ver algunhas fotos da elaboración desta parte do proxecto.


Investigamos, recortamos, pintamos, escribimos...........tamén aprendimos a negociar a expoñer as nosas ideas, a respetar as dos demáis e sobre todo a valorarnos e a respetarnos.


                                                                                        




sábado, 16 de diciembre de 2023

Aniversarios que felicitar.

 Este mes na clase de 4º A felicitamos a Gerald e Hugo.


                               



PARABÉNS GERALD E HUGO!