Felicitamos a Alba, do grupo de 4ºB que estivo de aniversario no mes de setembro.
martes, 10 de octubre de 2023
viernes, 6 de octubre de 2023
LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS
ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias. O que se pretende con esta limpeza é ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais.
Este venres, o alumnado de 4º de EP participou nesta iniciativa xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3º de EP e recollemos aproximadamente 10kg de lixo.
Recollemos todo tipo de lixo e percorrimos toda a praia, pero tamén xogamos e nos divertimos.
Clica na imaxe para ver as fotos.
BENVIDOS A 4º
Comenzamos un novo curso con moitas gañas de aprender, de compartir de xogar e de vivir experiencias maravillosas.
miércoles, 21 de junio de 2023
viernes, 16 de junio de 2023
miércoles, 14 de junio de 2023
PROXECTO ARQUITECTURA
Xa rematamos o noso proxecto de arquitectura chamado Miña casiña, meu lar, no que fixemos un pequeno percorrido pola historia da vivenda desde a Prehistoria ata como serían as nosas casas no futuro.
Un gran traballo no que investigamos, debuxamos, construímos e aprendemos xuntos.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración neste proxecto tan bonito!
Hoxe comezamos coas visitas dos outros cursos e puidemos ver tamén os proxectos das outras aulas. Mañá continuaremos e engadiremos as fotos da xornada.
Pero xa podedes ver as fotos de hoxe pinchando na imaxe.














