viernes, 14 de abril de 2023

PROGRAMA TEI : TI, DE QUE LADO ESTÁS?

Fai uns días que realizamos na clase a actividade do PROGRAMA TEI,  Ti, de que lado estás?, reflexionando sobre o tema do acoso escolar a través dunha curta.

A finalidade é que o alumnado aprenda a importancia de que ante situacións de maltrato debe poñerse no lugar do acosado e debe actuar, non debe ser un simple espectador/a e calar ... 

Adquirimos entre todos varios compromisos e rematamos cunha dinámica grupal escribindo mensaxes positivas ao compañeiro ou compañeira que nos tocou por sorteo.

Hoxe por fin puidemos entregar ditas mensaxes cheas de positividade e compañeirismo.

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe:


viernes, 31 de marzo de 2023

VISITAS ESCULTURA E CONCERTO ORQUESTRA PANTASMA

 Rematamos o trimestre coas visitas ás exposicións de escultura e un concerto divertidísimo da Orquesta Pantasma.

Podedes na páxina web do cole os vídeos das presentacións dos distintos cursos.

Este é o vídeo de 3º e 4º:


Tamén podedes ver fotos e vídeos das visitas de 4º nesta ligazón

E as fotos do proxecto:

 

 E se queredes ver o ben que o pasamos no concerto aquí tedes os vídeos



                                              FELICES VACACIÓNS!

miércoles, 29 de marzo de 2023

APRENDEMOS MÁIS SOBRE O MAR CON ÁNGEL

 Hoxe tivemos a sorte de que nos visitase Ángel, o pai de Inés, para ensinarnos moitas cousas sobre o traballo no mar.

Explicounos como se usan algúns aparellos e útiles mariñeiros e varias curiosidades sobre os peixes, golfiños, aves e outras especies que viven nas nosas rías. Falounos de como afectan as mareas e o cambio climático ás diferentes especies e ao traballo dos pescadores.

Ademais tróuxonos unha agulla como as que empregan os mariñeiros para reparar as súas redes e outros obxectos que podedes ver na nosa exposición.

 Moitas grazas a Ángel pola súa colaboración no noso proxecto  MAR E VIDA!

Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos da visita






martes, 28 de marzo de 2023

PROXECTO CREARTE ESCULTURA: MAR E VIDA

 Xa temos case lista a nosa exposición de escultura que leva por título   MAR E VIDA, xa que  é unha homenaxe aos mares e océanos, aos seus recursos, historias e xentes; empregamos a  arte como eixe dun proxecto interdisciplinar no que  investigamos, creamos e aprendemos moitísimo.

 Pinchade na imaxe para ver algunhas fotos.



lunes, 27 de marzo de 2023

ENTREGA DO PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A CIDADANÍA

 O pasado venres día 24 de marzo, unha representación do noso centro acudiu a Santiago de Compostela ao acto de entrega do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía. O noso centro foi premiado na categoría A, centros de Educación Infantil e Primaria,polo proxecto realizado o curso pasado Ama con Corazón.

Nenos e nenas do noso colexio encargáronse de compartir cos asistentes o proxecto premiado.

Parabéns a todos e todas polo ben que o fixestes e a toda comunidade educativa pola súa colaboración.

Podedes ver fotos, vídeos e unha presentación do proxecto na páxina web do cole. Pinchade na ligazón para acceder:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/870




 

lunes, 20 de marzo de 2023

RECOLLIDA DE LIXO NA PRAIA

Este trimestre adicamos o Proxecto  Crearte á escultura e na nosa clase estamos a facer un traballo chamado Mar e vida, utilizando a arte  como homenaxe aos nosos mares e océanos e á necesidade de coidalos e protexelos.

  Despois de asistir á obra Nautilus, coa que aprendemos que a vida mariña está en perigo, hoxe  realizamos unha pequena saída á praia de Sada para recoller lixo e facer con el unha escultura como chamada de atención sobre o tema.

Os océanos son un ecosistema gravemente ameazado polos impactos das actividades humanas, entre as que destaca a contaminación por plásticos.

Un dos obxectivos de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas compromete aos países a protexer e conservar os mares, océanos e recursos mariños.

Máis isto non é suficiente. Hai que adoptar os principios da economía circular baseada na regra dos tres r, reciclar, reutilizar e reducir. A estratexia máis eficaz é reducir o consumo.

Foi unha xornada de convivencia e traballo en equipo na que puidemos comprobar a gran cantidade de lixo que se acumula nos areais e tamén disfrutamos xogando na nosa contorna.

Proximamente ensinarémosvos as esculturas que estamos a realizar no noso proxecto.

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe.


miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller cun acto colectivo no patio e tamén realizamos varias actividades na aula, reflexionando sobre a importancia da igualdade na sociedade.

Podedes ver algunhas fotos da celebración na web do cole:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER