lunes, 20 de marzo de 2023

RECOLLIDA DE LIXO NA PRAIA

Este trimestre adicamos o Proxecto  Crearte á escultura e na nosa clase estamos a facer un traballo chamado Mar e vida, utilizando a arte  como homenaxe aos nosos mares e océanos e á necesidade de coidalos e protexelos.

  Despois de asistir á obra Nautilus, coa que aprendemos que a vida mariña está en perigo, hoxe  realizamos unha pequena saída á praia de Sada para recoller lixo e facer con el unha escultura como chamada de atención sobre o tema.

Os océanos son un ecosistema gravemente ameazado polos impactos das actividades humanas, entre as que destaca a contaminación por plásticos.

Un dos obxectivos de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas compromete aos países a protexer e conservar os mares, océanos e recursos mariños.

Máis isto non é suficiente. Hai que adoptar os principios da economía circular baseada na regra dos tres r, reciclar, reutilizar e reducir. A estratexia máis eficaz é reducir o consumo.

Foi unha xornada de convivencia e traballo en equipo na que puidemos comprobar a gran cantidade de lixo que se acumula nos areais e tamén disfrutamos xogando na nosa contorna.

Proximamente ensinarémosvos as esculturas que estamos a realizar no noso proxecto.

Podedes ver algunhas fotos da actividade pinchando na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario