martes, 15 de noviembre de 2022

PROGRAMA TEI A TARTARUGA XIGANTE

 Hoxe realizamos a actividade do PROGRAMA TEI A tartaruga xigante, para traballar a cooperación e a cohesión de grupo. Tratábase de conseguir que a tartaruga se movese sen perder a súa cuncha. Cada grupo tentou acadar o obxectivo, pero era máis difícil do que parecía. Aínda así, as tartarugas avanzaron e chegaron á meta. Despois reflexionamos individualmente e en grupo sobre como nos organizamos, como nos sentimos, en que axudamos e que aprendemos con esta dinámica. Démonos conta do importante que é a colaboración no traballo en equipo e ademais pasámolo moi ben.







lunes, 14 de noviembre de 2022

TARABELO LUIS SEOANE

Xa podedes escoitar o tarabelo que preparamos en 4º sobre Luis Seoane. Aprendemos moitas cousas sobre el e sobre a súa obra e tamén reproducimos algunhas das súas pinturas máis famosas. Parabéns!

Pinchade nos tres soles para escoitalo no blogue do Tarabelo.







 

viernes, 11 de noviembre de 2022

PROXECTO MEMORIA

 

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu na Casa da Cultura de Sada ao espectáculo “Proxecto Memoria”.

Este é un espectáculo de narración oral relacionado coa recollida de "memoria viva", a raíz de entrevistas realizadas con persoas maiores de 65 anos que viven no noso concello.

O proxecto resultou gañador dunha subvención da Deputación da Coruña. As entrevistas a veciñas e veciños de Sada realizáronse durante o ano 2021. Co resultado desas entrevistas deuse forma a un espectáculo de narración que vai apoiado con contidos audiovisuais.

Cantas cousas podemos aprender escoitando aos nosos maiores! Comprender mellor a historia dos espazos e dos barrios, a raíz da nosa identidade colectiva... e crear unha cadea de transmisión oral que vai dende as nosas avoas e avós ata os netos e netas.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos:


 

 

jueves, 10 de noviembre de 2022

FLIPBOOK INVERTEBRADOS

 Hoxe rematamos a exposición dos flipbooks que preparamos para o tema dos invertebrados e saíunos xenial. Aprendemos dunha maneira diferente e o resultado foi moi bo.  Parabéns!



martes, 8 de noviembre de 2022

DEREITO A SER BEN TRATADOS...

 Os nenos e nenas de Valores estivemos traballando sobre convivencia e fixemos un traballo sobre o noso dereito a ser ben tratados e o deber de tratar ben aos demais. O resultado explicámosllo aos nosos compañeiros e compañeiras  con esta presentación.

 Moi bo traballo!





miércoles, 2 de noviembre de 2022

viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO E SAMAÍN

 

Hoxe tivemos a festa do Magosto e do Samaín con disfraces, desfile, castañas asadas e moita diversión...

 Pero non só iso, tamén realizamos, xunto cos nosos titores de 6º, un retrato de outono segundo o estilo do pintor italiano Arcimboldo. Un día no que compartimos, convivimos, xogamos e pasámolo xenial. 





 Ademais, perante a semana, realizamos un fantástico mural, decoramos os nosos recipientes para as castañas e trouxemos as nosas  terroríficas cabazas que fixemos en familia.

Pinchade na imaxe para ver todas as fotos:

Finalmente, deixámosvos un vídeo do conto que lemos e interpretamos na biblioteca para todas as clases. Traballamos e esforzámonos moito. Parabéns!